Por primavera, brota o talento nas escolas de Camariñas

Coa organización dos festivais de fin de curso, Camariñas exhibe os logros artísticos acadados polos alumnos das escolas culturais, nunha serie de actos que parten do sábado 26 de maio coa mostra da escola de baile latino e moderno e seguen o 27 de maio, escola de música moderna, sábado 9 de xuño, escola de teatro e domingo 10 de xuño coas escolas de música e baile tradicionais. A entrada a estes actos é libre e gratuíta.