Unha ferida en Xaviña

Unha persoa resultou ferida sobre as 15:30 horas de hoxe nun accidente que tivo lugar na estrada que vai de Xaviña a Camelle na localidade de Lamastredo. A ferida foi trasladada en ambulancia ata un centro sanitario. Ata o lugar do sinistro acudiron membros de Protección Civil de Camariñas, os Bombeiros de Cee e efectivos sanitarios. O coche, que subiu por unha parece, tiña poucos danos.

Accidentes 2016

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Bombeiros de Cee