42 persoas melloran o seu currículo con tres accións formativas que se desenvolven no Fórum Carballo

Once alumnos e unha alumna participan no obradoiro de carpinteria que se enmarca dentro do proxecto de "Revalorización de espazos urbanos" Un total de 42 persoas desempregadas participan en tres accións formativas que se están levando a cabo no Fórum Carballo co fin que de que aprendan un oficio e melloren as súas posibilidades de incorporarse ou regresar ao mercado laboral. Carballo acolle por primeira vez un obradoiro de emprego para mozas e mozos inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Son once alumnos e unha alumna que están a formarse na especialidade de carpintería de madeira para desenvolver un proxecto de “Revalorización de espazos urbanos”. Todos os participantes son do municipio carballés, teñen idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos (a media é de 26) e carecen de experiencia previa no sector. Nas últimas semanas tiveron os seus primeiros contactos co taller, xa que a dirección do obradoiro, á fronte do cal figura Andrés Seoane, optou por achegarlles na primeira parte da acción formativa, de seis meses de duración, coñecementos e experiencias imprescindibles de cara ao seu futuro laboral. Agora, despois de toda esa formación previa e da posta punto da maquinaria, xa están traballando no taller co profesor de carpintería. Ao longo dos seis meses de duración do obradoiro, o alumnado está de alta na Seguridade Social e percibe o salario mínimo interprofesional.
Quince alumnos participan no curos de montaxe e mantemento de instalacións eléctricas en baixa tensión Para desempregados van dirixidos tamén os dous cursos AFD que están en marcha xa nos talleres de soldadura e electricidade do Fórum. O primeiro acolle a 15 alumnos que se forman en Soldadura con electrodo revestido e TIG nun curso de 698 horas de duración, e no segundo hai outros 15 que se prepararán durante 938 horas en montaxe e mantemento de instalacións eléctricas en baixa tensión.
No obradoiro de soldadura participan quince persoas Próximos cursos A oferta de accións formativas para desempregados financiadas pola Xunta de Galicia completarase o mes que vén coa posta en marcha dos cursos de Programación de sistemas informáticos (608 horas) e Servizo de bar e cafetería (658 horas). As persoas interesadas en participar poden inscribirse xa na Oficina de Emprego, situada na planta baixa do Fórum, para participar no proceso de selección que se convocará en breve. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo