Santa Comba e Carballo acollen novos talleres para crear o Catálogo da Paisaxe
Segue perfilando a sociedade civil galega o Catalogo da Paisaxe, que xa ten pública unha primeira edición. O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, co obxectivo de contar coa opinión da cidadanía, celebra 50 obradoiros participativos para definir as Directrices da Paisaxe de Galicia, nunha segunda fase.
Esta semana a Xunta achégase ata a zona, e arma dous obradoiros nos que podedes participar, para facer as vosas achegas dos lugares que se merecen coidar da nosa terra. En todo caso, a través da rede tamén se pode facer as túas achegas, entrando en sixot.es/CatalogosPaisaxe. Pero se prefires poder participar nestes obradoiros:
- Comarca Paisaxística de Bergantiños, comprende os Concellos de Carballo, Coristanco e Cabana de Bergantiños. Obradoiro o mércores 30 de marzo ás 18:30h no Pazo da Cultura, (Rúa do Pan, Carballo)./p>
- Comarca Paisaxística da Terra de Xallas, comprende os Concellos de Santa Comba, Zas, Vimianzo, Du,bría e Marzaricos. Obradoiro o venres 1 de abril ás 19:30h na aula CeMIT do Centro Multiusos (Rúa Curros Enríquez s/n, Santa Comba).
Inscrición e máis información
Para participar nestes obradoiros é preciso anotarse a través do enderezo electrónico atlaspaisaxe.iet@gmail.com, ou ben chamando aos números de teléfono 981.910.206 e 608.201.251.
- CMATI: Exposición Pública do Catálogo da Paisaxe de Galicia.
- sixot.es/CatalogosPaisaxe.
- somospaisaxe.org.
Novas relacionadas
- 13-02-16: O Catálogo da Paisaxe abre o prazo de alegacións e alonxa aos eólicos de Laxe.
- Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
- Queres participar na creación do Catálogo da Paisaxe Galega?
- A veciñanza costeira participa no Catálogo da Paisaxe de Galicia.
- Denuncian a grave deforestación da Devesa do Anllares.
- Francisco Santiago López denuncia con vídeos desfeita dos sistemas naturais costeiros.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).