A pelexa pola xornada única une ANPAs

Pais e nais da Anpa Raiante do CEiP Gándara de Sofán

Fermoso o xesto que tiveron este pasado venres os membros da ANPA A Granxa do CEIP Bergantiños e o alcalde de Carballo, amosando a súa solidariedade coas familias do Gándara-Sofán que tamén están a reivindicar a xornada única.

I é que a ANPA Raiante do centro de Sofán, despois de romper o seu silencio ían arrincar o pasado venres un peche no colexio. Non puideron levalo adiante polas ameazas da Garda Civil, e tras unha asemblea decidiron renunciar ao peche, pero si demostraron a súa forza.

Curioso o feito de que estas decisións se tomen con tanta celeridade, e que a Xefatura Territorial da Consellería de Educación non sexa capaz de darlle resposta a unha petición tan clar e concreta. Mentres, seguen pasando datas e datas e case chegamos a final de curso.

”A xornada única non é un privilexio, senón unha elección e un dereito que queremos exercer. Esiximos unha resposta da Xefatura Teritorial da Consellería de Educación XA!”

Por que é tan difícil conseguir votar a xornada única?

O CEIP Bergantiños solidariozouse co Gandara Sofan

Dende o veciño CEIP Bergantiños, comparten “a súa preocupación e a fartura pola falta de resposta á solicitude de xornada única para o noso centro, unha demanda case histórica que a día de hoxe, e malia os compromisos adquiridos, seguimos sen poder nin tan sequera votar”.

Así, a Comisión pola Xornada Única do CEIP Bergantiños, integrada por representantes da ANPA A Granxa e do claustro de profesores, mantivo hoxe unha primeira toma de contacto co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e coa concelleira de Educación, Mar Eirís, coa finalidade de poñer en común as xestións que se veñen realizando polo dereito da comunidade educativa a decidir sobre a implantación da xornada continuada.
O alcalde anunciou que para este xoves 19 foi convocado na Coruña polo xefe territorial de Educación, e que agarda regresar con información concreta sobre o proceso. Os representantes da Comisión pola Xornada Única expuxéronlle a Evencio Ferrero a súa preocupación pola falta de resposta da Administración educativa e o temor a que os prazos legais poidan impedir levar a cabo a votación antes de fin de curso. Ademais da dilatación do proceso, os membros da comisión trasladáronlle ao alcalde as dúbidas das familias sobre o funcionamento do comedor no caso de que se implante a xornada continuada, pois consideran que sería imprescindible un desdobre en dúas quendas. A concelleira de Educación manifestou que dado o elevado número de usuarios do servizo, a implantación de dúas quendas debe ser un obxectivo á marxe de que cambien ou non os horarios, un aspecto no que coincide a Comisión pola Xornada Única e no que van empezar a traballar de cara á elaboración dun proxecto de funcionamento do comedor.
Evencio Ferrero expresou na reunión o seu apoio á implantación da xornada única e comprometeuse a trasladar ao xefe territorial as demandas da comunidade educativa, entre elas a construción da necesaria e prometida cuberta para o alumnado de infantil. O alcalde entregoulles unha copia da memoria valorada que se remitiu xa no mes de febreiro á Xefatura Territorial de Educación para que asuma o seu compromiso de acometer a obra.

Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)