As praias de Carballo batiron marcas de asistencia e de incidencias
Presentou este pasaso venres o alcalde Concello de Carballo , xunto co responsable de Protección Civil de Carballo, Francisco José Souto Facal, o balance da tempada de praias 2016. Un verán marcado polo tempo excepcional, que provocou que as praias de Razo, Baldaio-As Saíñas de Pedra do Sal batisen marcas de asistencia.
Deste xeito, a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático do Concello tivo bastante traballo. De feito, os socorristas atenderon 488 incidencias, das que 31 foron en xuño, 222 en xullo, 220 en agosto e 15 en setembro; e 252 en Razo, 175 en Baldaio-As Saíñas e 61 en Pedra do Sal. A praia de Baldaio-As Saíñas e o mes de xullo foron os máis movidos.
O responsable de Protección Civil de Carballo, Javier Souto Facal, sinala que este ano tense rexistrado unha afluencia maior tanto en Baldaio e Pedra do Sal como nas pequenas calas existentes no litoral entre Leira (a carón da Laracha) e Santa Mariña (preto do Concello de Malpica). En todo caso, o balance de salvamentos na tempada de verán é de oito, con 3 en Razo e 5 en Baldaio-As Saíñas. En xuño rexistrouse un nas Saíñas durante a baixamar nunha zona non controlada; en xullo houbo cinco, tres en Razo -dous durante a pleamar na zona do posto de socorrismo e un durante a baixamar na Explanada-; e dous nas Saíñas, na baixamar na zona das pontes. En agosto, os dous salvamentos tamén foron nas Saíñas mentres que en setembro non se rexistrou ningún.
Ademais, Facal recordoi tamén a incidencia das picaduras de fanecas, peixe sapos ou escarapotes.
Novas relacionadas
- Setembro 2016: Mar de Fábula recolle 300kg de refugallos de Baldaio.
- Xullo 2016: O Campionato Nacional de Socorrismo trouxo a Laxe deporte, valores e economía.
- Setembro 2015: Costas recuperará o sistema dunar de Baldaio danado polos temporais.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).