Buscan un octoxenario de Carballo desaparecido dende o venres

Un dispositivo de busca trata de atopar a un home de 81 anos desaparecido no termo municipal de Carballo este venres 23 de decembro sobre as 17,00 horas. O octoxenario falta da súa casa, localizada en A Espanadeira, en Entrecruces, dende o pasado venres pola tarde. De momento, tal e como explicaron fontes de Protección Civil de Carballo, a busca, na que participan membros deste corpo, da Garda Civil e da Policía Local, así como veciños da zona, aínda non deu ningún resultado.

Fonte

  • Galicia Confidencial.