Segue, a pesar da ameaza de demolición, o Casino de Carballo armando iniciativas culturais. Desta volta, xunto co Proxecto "Carballo na Memoria", teñen programado un acto que realizará un repaso pola historia do concello carballés, a cargo do cronista da historia local Xan Fraga.
A cita será vindeiro venres 31 de agosto ás 20:30 h. no mítico centro cultural, onde se poderá facer unha viaxe través das imaxes que Xan Fraga seleccionou para o seu último libro, está previsto que o acto dure ata as 22:30 h. xa que un século de historia necesita tempo.
Estas imaxes e estas historias foron faclitadas por veciños e veciñas do noso concello ao longo dos anos e tamén nestes últimos actos que estamos a realizar polas parroquias.