A comunidade educativa bergantiñá analizou a dixitalización do ensino e aprendeu o método pedagóxico “Sintaxe”
”Sintaxe”, o método pedagóxico para ensinar gramática básica a alumnado de primaria, levado a cabo por Emilio Neira xunto co seu equipo interdisciplinar formado por Diana González, Xiro Montero, David Cuence e Roberto Rama, chegou a Carballo integrado na "Xornada de Formación e Aprendizaxe" organizado pola Federación de ANPAS da Coruña-Costa da Morte. Unha xornada que serviu para afondar nun debate sobre a dixitalización no ensino, a resposta das familias a Edixgal e a presentación de proxectos innovadores, inclusivos e integradores como Sintaxe que están en fase de experimentación nalguns centros de Galicia e xa é unha realidade na Suíza.
Nesta xornada, o equipo do método Sintaxe dá unha charla informativa sobre o funcionamento do método, tanto do material manipulativo como do dixital e metodoloxía a aplicar co alumnado; así como dos resultados acadados na Suíza dende o 2015, e tamén os resultados acadados na Galiza, concretamente nos tres centros de educación primaria do Concello de Rianxo, onde se estableceron centros piloto que permitiron a realización da investigación científica levada a cabo por docentes da USC e da UDC coordinada por Montse Castro do departamento de didáctica e pedagoxía da UDC o pasado ano 2024; e onde se leva utilizando este innovador método dende fai tres cursos académicos.
Docencia e familia quedaron abraiadas con este método inclusivo e transversal que permite que alumnado con e sen necesidades educativas específicas aprenda unha materia tan abstracta como a gramática en clases ordinarias e a través de diferentes materias como poden ser as ciencias ou a educación física.
O equipo de Sintaxe espera que algún día todo o alumnado de Galicia poida ter acceso a este método que ademais de ensinar, o que fai é implicar ás nenas e nenos nunha adquisición de coñecementos partindo da base da construcción do saber e non da memorización de conceptos.
Despiden a xornada co seu lema baseado nun proverbio chinés que ora "dismo e esquezo, ensínasme e lembro, implícasme e aprendo”.
- Xosé Abelenda.