O suceso tivo lugar esta mañá na praia de Arnela, en Carballo
Sobre as 11:45 horas desta mañá un particular alertaba aos servicios de emerxencias de que unha persoa se atopaba na auga da praia carballesa de Arnela con síntomas de afogamento.
O home, duns 73 anos de idade, ao parecer faleceu dunha parada cardiorrespiratoria mentras estaba na auga. Outros bañistas que se atopaban no areal encargaronse de rescatalo ainda que os servizos de Urxencias Sanitarias tan só puideron confirmar o seu falecemento.
Ata o lugar desprazáronse os socorristas da praia de Baldaio, xa que ésta carece deste servizo.
Fonte