Ferida tras un accidente no casco urbano de Carballo

Esta mañá, pasadas as 12:00h, tivo lugar un accidente na Avenida Ponte da Pedra, en Carballo. Un vehículo chocou contra outro estacionado, quedando o primeiro envorcado sobre o teito. Unha persoa resultou ferida, e foi atendida pola Policía Local e SMPC Carballo, aparentemente en bo estado. Unha vez no punto a ambulancia, os sanitarios decidiron trasladala ao PAC por precaución.