Un ferido tras un accidente na rúa da Parga de Carballo

O accidente tivo lugar na rúa Vázquez da Parga de Carballo
Un ferido tras un accidente na rúa da Parga de Carballo

Este pasado xoves, arredor das 16:00 horas, a Policía Local de Carballo alertaba dun choque entre tres vehículos, na Rúa de Parga. Un vehículo sufrira unha saída de vía e chocaba contra outros dous vehículos que estaban aparcados.

Ata o lugar, tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Carballo e os efectivos de Protección Civil.

Os Bombeiros, unha vez no punto, descartaron o uso do material de excarceración e confirmaron que só un dos ocupantes dos vehículos resultara ferido e que fora trasladado polos servizos sanitarios de urxencia.