A Galería Manoloeirín inaugura a exposición espiritual de Luís Moscardó
07 de outubro de 2021 (23:01 h.)
Este sábado 9 de outubro, ás 11:00h, e coincidindo ca feira, a Galería ManoloEirín de Carballo (sita na Rúa Estrella 17/19), celebra a inauguración dunha nova exposición. Trátase da obra de Luís Moscardó, artista valenciano que nos trae unha serie de lenzos que reflicten o seu exercicio de espiritualidade baseada na filosofía zen.
A cita servirá ademais para sacar a nova colección de lamparas de Manoloeirin e algunha sorpresa máis. A galeria permanecerá aberta ata que remate a feira.