Os grupos escolares gañadores do XXII Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís"

¡

XXII Concurso Escolar de Teatro Lido 'Xosé Manuel Eirís’ do FIOT xa ten grupos gañadores. O Pazo da Cultura de Carballo acolleu este domingo a gala final do certame teatral, no que este ano participaron un total de 140 alumnas e alumnos de 12 centros escolares de Carballo, Laracha, Coristanco, Ponteceso, Cabana e Malpica. No acto, no que a clown Pajarito exerceu de mestra de cerimonias, os catro grupos finalistas (dos 24 inscritos na súa totalidade) volveron realizar unha lectura das súas obras. O xurado determinou a orde final de cada categoría:

1ª categoría (grupos de nenas e nenos de Educación Infantil e Educación Primaria)

  • 1º Grupo OS CRISTINATREIROS, do CEIP A CRISTINA coa obra Cataventos e Cía.
  • 2º Grupo BASTIDORES , do CPR ARTAI coa obra Nunca é a gusto de todos.
CPI Artai

2ª categoría (grupos de nenas e nenos de ESO, bacharelato ou CF de grao medio)

CEIP As Revoltas
  • 1º Grupo INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS, do CPI AS REVOLTAS coa obra Na oficina de obxectos perdidos.
  • 2º Grupo CONTADORES DE CONTOS, do IES ALFREDO BRAÑAS coa obra Contos para ser escoitados.
IES Alfredo Brañas

 

 

 

Os primeiros clasificados de cada categoría recibirán 150€ en libros material didáctico grazas á colaboración da Librería Brañas, mentres que os segundos recibirán 100€ (tamén en libros e material didáctico).

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo quere trasladar os seus parabéns a todas as persoas implicadas no desenvolvemento desta nova edición do certame. Na sección Onda FIOT do espazo web www.fiot.gal poderanse escoitar, nos vindeiros días, as catro obras gañadoras do concurso.