Máis de 500 nenos e nenas participan nas probas de campo a través de Carballo

Cinco centros educativos de Carballo e un de Arteixo están anotados na proba. Imaxe de arquivo do concello de Carballo Carballo acolle este venres - día 24 - a fase local de campo a través, unha competición organizada polo concello en colaboración coa secretaría xeral para o Deporte da Xunta e a Federación Galega de Atletismo que trata de fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable, ademais de difundir os valores da competición desde unha perspectiva máis regrada e de facilitar a práctica dunha modalidade con moita tradición. Nesta edición participarán un total de 515 nenos e nenas de 7 a 12 anos de idade que estudan nos colexios carballeses A Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Xesús San Luís Romero e no CEIP Galán de Arteixo. Os tres primeiros terán representación nas seis categorías establecidas: infantil, alevín e benxamín, tanto masculinas como femininas. As probas comezarán ás 10:45 horas coa categoría infantil masculina, e as últimas serán as participantes na carreira benxamín feminina, que teñen programada a saída para as 12 horas. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo