O PP analiza a situación de Carballo tras 12 anos de goberno do BNG

Trae datos hoxe o voceiro do PP en Carballo. Miguel Ferreiro Suárez fai unha reflexión aberta sobre a situación municipal do Concello carballés, tras 12 anos de goberno de Evencio Ferrero.

Lembra que Carballo e o Concello número 11 en poboación de Galicia. Temos 31.466 habitantes. Despois das 7 grandes cidades aparece no 8 Narón (40.000), 9 Vilagarcía (38.000), 10 Oleiros (35.000), 12 Arteixo (31.000), 13 Redondela (30.000) e 14 Ames (30.000). Lembra ademais que Carballo é o 7º concello galego en número de veciños na emigración, con 5813 veciños, “un indicador tremendo”, segundo o PP. ”Temos unha taxa de emigración do 16% que e moi superior a todos as vilas galegas mais poboadas –ollo de toda Galicia só nos supera a Estrada-“.

O PP analiza o resto de indicadores económicos e sociais e os califica de “demoledores”: “O PIB por habitante de Carballo e de 14.710 €/hab. (moi alonxado da media Galega 19.600 € e da media da provincia 21.466 €). O desemprego subiu en Carballo nestes últimos 4 meses de 3.448 parados de setembro os 3.814 de decembro. Por primeira vez na súa historia Carballo perde poboación”.

Sinala o voceiro da oposición que “aumentan os tributos en 5 anos un 27,48%, pasando de ingresar 9.475.656 € no 2011 a ingresar 12.079.358 € no 2015, diñeiro que non se destina a inversión (no 2011 era o 21% de presuposto: 4.305.198 € e no 2015 e o 16,6%: 3.703.275 €) senón a gasto corrente do Concello (no 2011 era o 40% do presuposto: 8.253.773 € e no 2015 o 46,87%: 10.465.411 €)”, sinalan.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Carballo.