Os Bombeiros rescatan un home de 84 anos atrapado no interior da súa vivenda

Imaxe dun rescate semellante dos Bombeiros o pasado mes de setembro en Coristanco

Pasada a media noite do martes, comezáronse a oír berros dunha persoa no interior da súa vivenda no nº3 da Rúa Colón, en Carballo. A Policía Local acodía de inmediato e tras comprobar que a persoa non podía abrir a súa porta, e que se atopaba mal, chamou aos Bombeiros carballeses, para proceder a entrar.

Os Bombeiros tiveron que forzar a porta da vivenda co consentemento da Policía Local de Carballo posto que se trataba dun caso de forza maior para poder acceder a ela e poder rescatar a persoa que se atopaba mal no seu interior. Unha vez dentro comprobaron que se trataba dun varón de 84 anos tirado boca abaixo no chan dunha habitación, que non se podía mover, a pesar de estar consciente pero tiña tiña un golpe na cabeza.

Os sanitarios do 061 examinan e movilizan a dita persoa para poder metela na ambulancia co posterior traslado o PAC de Carballo.

Os únicos desperfectos na vivenda foi o marco dereito da porta que se forzou sin danar a pechadura.

Novas relacionadas

Fonte

  • Bombeiros de Carballo.