Rematadas as obras de mellora nos camiños de uso agrícola de cinco parroquias de Carballo

As melloras consistiron na limpeza, roza, explanación, apertura de cunetas, construcción de gavias e pavimentación Os camiños de uso agrícola de cinco das parroquias do concello de Carballo estrean un novo aspecto grazas ás obras de mellora que se acaban de facer neles. Os traballos, executados no último mes pola empresa construcciones Ramón Vázquez y Reino, foron incluídos proxecto de Mellora de camiños municipais 2017-2018, financiado con 65.098 euros procedentes dos fondos Agader, e destinado en exclusiva a vías de acceso a terras agrícolas en produción. Onte, a alcaldesa en funcións, Belén Lendoiro, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, visitaron algúns deles. En todos os casos trátase de camiños de terra que soportan unha alta taxa de tráfico de vehículos agrícolas e que precisaban unha actuación que garanta a seguridade e a normal circulación. A actuación consistiu, en función das necesidades de cada un, na limpeza, roza, explanación, apertura de cunetas, construción de gabias e pavimentación con zahorra ou rego asfáltico. As obras realizáronse no camiño A Braña-Alborín, en Rus (648 metros de lonxitude e 4 metros de ancho); camiños do entorno do Freixal, en Sofán (trátase de 3 camiños de 365, 95 e 285 metros de lonxitude e unha anchura de 3,5 a 5 metros, que integran o circuíto de tránsito de maquinaria agrícola e forestal que traballa nas fincas lindantes); o camiño Cabanas-Os Petóns, en Goiáns e Oza (765 metros de lonxitude e 4 metros de ancho); o camiño do Monte das Cadiñas, en Oza (350 metros de lonxitude e 4,5 de ancho); o camiño en As Telleira, en Goiáns (526 metros de lonxitude e 4 de ancho); e o camiño Cances-A Granxae, Cances (655 metros de lonxitude e 5 de ancho). Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo