Taxa do lixo para as vivendas baleiras?
Segue sendo o asunto da taxa da recollida lixo un asunto complicado en Carballo. Cobrarlle a taxa do lixo ás vivendas baleiras segue sendo a cuestión na que non chegan a un acordo goberno e oposición.
O grupo de goberno defende que “deben pagar todas as vivendas habitables, xa que ademais de ser un imperativo legal, servirá para equilibrar o déficit” (que ronda os 400.000€, o que implicaría unha posible suba de 28€ por casa de non ter que pagar as vivendas baleiras).
Pola contra, o PP considera que non se lle debe cobrar a taxa do lixo a ningunha vivenda baleira.
Esta semana, en pleno debate, saía a colación o exemplo da ordenanza de Santiago de Compostela. Unha ordenanza que obriga ás vivendas non ocupadas a pagar pola recollida de lixo, explica o BNG, que recolle que a suma é de 74€ anuais, máis de 10 euros por enriba do que pagan a vivendas no casco urbano de Carballo.
Se a semana pasada o PP aseguraba que o alcalde mentía dicindo que “non se chegou a acordo porque o PP pretendía que o déficit de 396.000 euros se repercutirá sobre os que xa estaban pagando, en concreto 28 euros máis cada un”; hoxe o BNG critica a “manipulación do PP, que intenta enmerdar a política local tratando de confundir á xente”.
Máis información
Novas relacionadas
- Cobrarlle a taxa do lixo ás vivendas baleiras. Esa é a cuestión.
- Carballo facilita a reciclaxe de vidro aos hostaleiros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).