Un incendio calcina un coche nun garaxe de Carballo
12 de xullo de 2017 (20:10 h.)
Un incendio que se orixinou este mediodía nun garaxe de Carballlo, situado no lugar da Grela na parroquia de San Xoán, deixou importantes danos materais. En concreto, quedou calcinado un coche que estaba no interior do inmoble. Ademais, o fume propagouse por toda a cocheira e afectou a unha casa lindeira.
Un particular alertou aos servizos de emerxencias ao redor das 13:40 horas indicando que saía fume polas fiestras das casa do lado. Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Carballo, a Garda Civil, o persoal de 061-Urxencias Sanitarias e Protección Civil. Finalmente, o lume quedou extinguido.
Novas relacionadas
- Arde o motor dun coche en Vimianzo
- Arde un galpón en Corcoesto
- Arde una cociña en Malpica
- Os Bombeiros sufocan un incendio nun coche en Coristanco
- Sufocan o incendio dun tractor preto das casas de Alvarellos
- Apagan un incendio nunha vivenda abandonada de Fisterra
- Sofocan un incendio nunha chimenea dunha casa de Ponteceso
- Incendio nunha vivenda no centro de Cee
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- 112