Un veciño consegue apagar un incendio nunha vivenda de Carballo por unha campá extractora

Alarma en Carballo tralo incendio acontecido a pasada noite de luns 19 de marzo nunha vivenda de Carballo. Pasaban das 21:00h cando un particular alertaba dun incendio no baixo da Rúa Vázquez de Parga, 138, provocado por unha campá extractora. O veciño da vivenda contigua conseguira apagar o lume antes de que chegaran os Bombeiros de Carballo. O lume afectou só á propia máquina aínda que o fume chegou a tódalas estancias da vivenda. A propietaria e única ocupante do inmoble saíu ilesa.

Incendios nos últimos tres meses

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).