A asociación de Unión de Pacientes "Finisterrae" presenta o seu programa

A asociación de Unión de Pacientes "Finisterrae" presenta o vindeiro venres, 26 de xaneiro, o seu programa de información que levará a cabo nos vindeiros meses. O acto terá lugar ás 17 horas no auditorio da Casa da Cultura de Cee onde tamén haberá unha mesa de debate moderada por Juan Fernández Blanco - presidente da entidade - e na que participarán José Ramón González Juanatey - xefe do servizo de Cardioloxía do hospital de Santiago de Compostela -; Ana María Castro Martínez - avogada experta en discapacidade e dependencia -; e unha representación do concello de Cee. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Asociación de Unión de Pacientes "Finisterrae"