A ESMU de Carnota prepara un concerto para a Semana Santa

Imaxe de arquivo dunha das clases impartidas na Escola Municipal de Música de Carnota A Escola Municipal de Música -ESMU - de Carnota ultima os detalles para o que será o seu terceiro festival do ano que se enmarcará dentro da completísima progamación que o concello ten preparado para a Mostra Víndemo Ver. Debido á gran cantidade alumnos e alumnas que ten actualmente a Escola de Música, os dous festivais que se celebran anualmente (un no nadal e outro no verán) quédanse escasos. Así que co fin de que todo o alumnado poida demostrar as súas dotes musicais, decidiron facer un terceiro concerto que este ano terá lugar o vindeiro 26 de marzo ás cinco da tarde na praza do concello. O público terá a ocasión de escoitar 26 pezas do máis variado interpretadas por unha parte dos alumnos da escola. "Allí me planté", "Xota nº3", "Vals Mariñeiro", "Yesterday", entre outras, serán algunhas das pezas que soarán a ritmo de piano, guitarra, acordeón, e outros instrumentos que se estudan no centro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).