Carnota pechou un semestre de Formación

O pasado 31 de marzo de 2011 a directora xeral de formación e colocación, dona Ana díaz, fixo entrega no Concello de Carnota dos diplomas correspondentes ós cursos de formación ocupacional impartidos polo Concello e financiados pola Consellería de Traballo e Benestar Social e o Fondo Social Europeo.

Cursos polos que pasaron 45 alumnos, demandantes de emprego, que proceden de unha selección efectuada pola oficina pública de emprego de Cee.

A Directora Xeral sinalou que a formación e a capacitación profesional é un requisito imprescindible nos tempos que corren para acadar un emprego estable e de calidade.

Os cursos que se desenvolveron nestes meses foron os de:

  • Iniciación ós deportes náuticos.
  • Técnico en deportes náuticos.
  • Iniciación a rede de internet.

Os dous primeiros cursos forman parte do bloque formativo experimental da Consellería de Traballo, en tanto que o curso de iniciación a informática forma parte da formación ocupacional do centro homologado do concello.

Novas relacionadas

Fonte
  • Nota de prensa do COncello de Carnota.