Continúa a busca de Lino do Corbeiro polos montes de Carnota e Muros

Lino do Corbeiro desaparecido en Carnota Desaparecía durante a tarde do venres 29 de xaneiro. Lino Fiuza, máis coñecido como Lino do Corbeiro, carnotán de 75 anos, era visto por última vez despois de decidir ir andando cara Muros polo monte, coma nos tempos de antes, unha vez que o bus non daba chegado. Os familiares lanzaron a alarma o sábado, e o domingo armouse un completo dispositivo de búsqueda. Máis de 100 voluntarios, ademais da Policia Local, Prot. Civil de Carnota, Muros, A Estrada e mesmo Compostela, o GES de Muros e a Garda Civil participaron a mañá dominical nun completo dispositivo de búsqueda polos montes da contorna. Peitearon case todos os montes da zona, utilizando todos os medios ao alcance, mesmo drones. Pero sen sorte. A búsqueda que continuará hoxe luns, centrándose xa na zona de Ventín, cara Muros. Podedes participar achegándovos este luns 1 de febreiro ás 9:00h no Concello de Carnota. Cada ollo vale moito.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).