Falece unha señora dun infarto mentres conducía

Viaxaba a tarde do pasado domingo no seu vehículo pola estrada AC-550, dirección Cee, cando pasando o Ézaro e subindo xa en Gures, notou que se atopaba mal. Decidiu parar o coche e para descansar pero a cousa era máis grave.

Pouco despois chegou a Ambulancia e a Garda Civil de Corcubión pero só puideron corroborar a morte da señora, unha muller maior, con relación en Carnota pero residente en Arteixo.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).