Irene González Rodríguez fixo a postal máis bonita do Nadal carnotán

Os 8 finalistas da Entrega de premios de postais de nadal de Carnota
A Postal Gañadora de Irene González Rodríguez servirá para felicitar o nadal dende a web municipal

Coa programación de Nadal en marcha, este pasado xoves tiña lugar no salón de actos do Concello de Carnota a entrega de premios do X Concurso de Postais de Nadal, no que participou o alumnado de educación primaria e infantil dos centros educativos do municipio.

Eran 8 os finalistas que participaron no acto, e que recibiron un agasallo, un lote de material didáctico, da man da Concelleira de Cultura, Belén Campos.
Na categoría de educación infantil, os finalistas foon Inés Beiro Trillo (CEIP Carnota) e Zaida Otero Crespo (CEIP Carnota); na categoría de primeiro ciclo de educación primaria foron finalistas as postais de Alexandra, do CEIP Carnota, e Zaira Cernadas, do CEIP Carnota; na categoría de segundo ciclo de primaria, foron seleccionadas as postais de Irene González do CEIP de Carnota e Carme Caamaño, do CEIP de Carnota; e na categoría de terceiro ciclo as de Daniela García Cambeiro do CEIP de Carnota e Xaquina Rey, do CEIP do Pindo.

De entre todas as finalistas, seleccionouse como gañadora do concurso a postal presentada por Irene González Rodríguez, que se utilizará como felicitación institucional do Concello de Carnota na páxina web municipal.

A continuación, realizouse un sorteo de 4 agasallos entre todo o alumnado participante. Os afortunados foron, nesta ocasión, Adrián Brea, Roi Caamaño, Enma Otero e Raúl París.

Os 4 cativos que tiveron sorte

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).