O Monte Pindo recupera os seus topónimos
Fermosa iniativa a de recuperar todos eses nomes de recantos que forman o Olimpo Celta. A Asociación Monte Pindo Parque Natural vén de anunciar a creación da Mesa da Toponimia do Monte Pindo. Da man desas persoas maiores que tanto saben, como Pepe do Fieiro ou Modesto García Quintáns, a entidade quere salvar esa información lingüística tan valiosa.
A iniciativa que estará coordinada por Manolo Souto Barreiro, profesor do Colexio de Carnota recén xubilado, e que tentará sumar a toda a xente do entorno que por profesión ou vocación teña información sobre a microtoponimia do Monte Pindo e do entorno, polo que estará totalmente aberta á incorporación de toda a sociedade con interese en botar unha man.
A primeira reunión da Mesa da Toponimia terá lugar o sábado 31 de marzo ás 12:00 horas no Salón de Actos do Concello de Carnota, no marco da mostra de promoción local de Carnota Víndemo Ver. As persoas interesadas tamén se poden inscribir en info@montepindo.org.
O proxecto contará ademais coas nova tecnoloxías e o proxecto Trekker será un gran aliado. Ao final, o resultado será un mapa impreso con todos os nomes.
Asemblea
A Asociación Monte Pindo Parque Natural celebrou a súa Asemblea Xeral esta pasada fin de semana. Unha cita para reincidir sobre as accións realizadas durante o pasado curso, para reflexionar sobre os erros e os acertos, e para valorar o crecemento tanto en socios como en entidades sociais adheridas á petición que persegue.
Ademais, a cita serviu para volver presentar o a href=https://quepasanacosta.gal/a-asociacion-monte-pindo-presenta-o-seu-programa-anual-de-actividades/>ambicioso plan de actividades para o ano 2018 que inclúe actividades para case cada mes do 2018. Entre estas, destacan a creación da Mesa da Toponimia do Monte Pindo, destinado a recopilar a microtoponimia do espazo granítico antes de que desaparezan os seus últimos testemuñas, un certame fotográfico sobre o Olimpo Celta que se fallará en decembro, un roteiro fotográfico nocturno polo Monte Pindo o 9 de xuño, un roteiro micolóxico o 16 de xuño en Vadebois, o VI Simposium Monte Pindo o 21 de xullo en Cee, ou varias actividades de voluntariado e divulgación, entre as que destacan varias charlas sobre patrimonio nos institutos de Carnota, Muros e Cee, con motivo do Ano Europeo do Patrimonio, promovido aquí pola Rede do Patrimonio Cultural.
Novas relacionadas
- A asociación Monte Pindo presenta o seu programa anual de actividades.
- A USC corrobora o incerto futuro do Carballo Anano do Monte Pindo.
- O Monte Pindo, xa mapeado no Google Street View.
Outras novas
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río do Barco do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).