O Pindo exalta o mexilón
31 de agosto de 2016 (09:39 h.)
Cita gastronómica que nace no Pindo. Este vindeiro 3 de setembro, a Confraría do Pindo organiza a I Xornada de exaltación do mexilón. De 13:00h a 17:00h e de 20:00h a 23:00h, o local da propia confraría convertirase nunha carpa gastronómica de primeiro nivel, co “mexilón que medra nas bateras e que nace nas nosas pedras”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).