Un necesario exercicio de Memoria sobre a Guerra Civil no Pindo

Participantes no Seminario da Memoria na Moa
Miro Villar, un dos ponentes do Seminario ”Interesante e necesario exercicio de análise e comprensión dun fenómeno histórico moitas veces descoñecido e, outras, declaradamente ignorado” o vivido en Carnota a pasada fin de semana de 12 e 13 de outubro. O IX Seminario da Memoria, que artella a Nova Escola Galega organizaba unhas xornadas de revisión e reflexión do patrimonio histórico para recuperar e visibilizar todo o que aconteceu naquel “fracaso colectivo” que supuxo a Guerra Civil. Así o valoran nas conclusións os membros da NEG, que combinaron as testemuñas de persoas que viviron directamente a represión –caso dos propios guerrilleiros, outras persoas represaliadas e os seus familiares– con exposicións de investigadores sobre as distintas temáticas, e con saídas a espazos nos que se desenvolveron moi diferentes episodios da represión. Precisamente esas saídas, esa directa contextualización do relato da represión en lugares concretos serviu de atracción para que aumentase a participación da cidadanía enriquecendo así uns relatorios máis ben pensados para o profesorado. Este Seminario abordou ademais dun xeito significativo o papel da muller na loita antifranquista, durante e despois da Guerra, servindo case como punto de partida para valorar a realidade feminina naqueles tempos.
Xilberto Caamaño da Asociación Monte Pindo Parque Natural, guiou polo lugares onde se agochaban os fuxidos

A Memoria da Guerra Civil, ao programa escolar

Luís Lamela un dos ponentes no Seminario na Confraría do Pindo falando dos fuxidos do As Unha das consecuencias do Seminario é a solicitude ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación a programación dun monográfico sobre o tratamento didáctico da “Memoria” no sistema educativo actual. Pero sobre todo, confirmaron que van iniciar as xestións administrativas para que a Consellería de Educación inclúa esta temática nos programas educativos. Iso a pesar da patente desafección institucional que amosaron moitos dos participantes nestes Seminarios. Conseguiríase así un dos obxectivos do Seminario, que non é outro que achegar a reflexión (cunha revisión histórica da narrativa) sobre a represión a camadas amplas da poboación, incluídas a xente moza. En definitiva, un necesario exercicio de profunda concienciación para que “crimes desta gravidade non volvan repetirse”.
Xornadas do Seminario da Memoria na Confraría do Pindo

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carnota-recupera-a-memoria-dos-fuxidos-nun-seminario-da-neg/ “A historia dos fuxidos no As de Sel” — Que pasa na costa ““A Mariñeira de Quilmas” enche os cines de Cee” — Que pasa na costa “A praciña da memoria” — Que pasa na costa “Corme volcouse de emoción para trasladar á mocidade a memoria histórica do cruel legado franquista” — Que pasa na costa