A Sanidade, a medias, ponse en folga

Imaxe da concentración no HVdX da semana pasada Todos os sindicatos convocaban hai 15 días unha importante folga no sector da sanidade pública galega para estes xoves 2 e 3 de novembro. Unha folga para reivindicar os dereitos laborais dos traballadores e pedir a recuperación dos acordos asinados en 2010 para o persoal do SERGAS. Pero aos sindicatos CESM e O`mega valeulles que a Xunta acepte implantar a carreira profesional (paralizada dende 2009) para desconvocar o folga. Unha decisión que non comparte a CIG, que mantén o chamamento para estes dous días, e non quere que a desconvocatoria feita por eses dous sindicatos confunda á cidadanía e mesmo aos traballadores. Poderá haber pois unha baixada da atención a pesar de que se manterán uns servizos mínimos, “demasiado esixentes”, segundo o sindicato. A folga leva tamén unha concentración na rotonda co CHUAC, na Coruña o xoves 2 ás 11:00h e unha semellante o venres diante da Consellaría de Sanidade en Santiago, tamén ás 11 horas.

Gran seguemento no HVX a pesar dos servizos mínimos abusivos

Aínda non hai cifras oficiais, pero a mediodía dende a CIG xa destacaban que "é unha folga con máis seguimento do HVX", que "a pesar dos servizos mínimos abusivos (o persoal das plantas e de Urxencias foi decretado todo mínimo) casi a totalidade dos diplomados sanitarios e técnicos sanitarios secundaron a folga", destacando que se paralizaron servizos como QX, suspendéndose toda a actividade quirúrxica, (ata 25 intervenciones) e Rx (caeu toda actividade programada). En todo caso, esperan ao venres para facer balance do seguemento real.

Non só o soldo

CIG saúde, sindicato maioritario na sanidade pública galega e na área da Coruña-Cee, considera “moi importante e necesaria a unidade sindical, pero non aceptamos o acordo asinado entre sergas e outras centrais sindicais o 25 e 27 de outubro. No mesmo fálase de iniciar unha negociación da carreira profesional que vai manter, para moito persoal, as desigualdades existentes, non conta co persoal eventual e esquece o resto de reivindicacións.” Lembran que “As condicións de traballo na sanidade pública fóronse degradando desde a chegada de Feijoo no ano 2009 dun xeito significativo”. “Non se trata só de retribucións, senón de como se está a traballar (situación de precariedade con contratos por horas ou de medias xornadas para atender o que leva esperando varios días, anos de traballo eventual dun lado para outro e con salarios menores que o persoal fixo, traballando nas plantas do hospital co persoal de mínimos e con estrés diario para evitar riscos aos pacientes, perda de días libres, perda complementos na situación de baixa laboral,…). Asegura ademais que moitos traballadores pediron manter a folga “fartos da actual situación e queren recuperar os seus dereitos. Moitos traballadores que non aceptan o desmantelamento da sanidade pública e están dispostos a continuar coas mobilizacións máis alá destes dous días de folga”. Por iso piden que “se pare coa privatización e a retirada do anteproxecto de modificación da lei de saúde de Galicia. A transferencia da actividade aos centros privados repercute moito no traballo na pública descapitalizando a mesma, con menos aparatos e menos contratacións así como tendo que facerse cargo dos pacientes cando hai problemas nos centros concertados”. Na bisbarra contan ademais co apoio do Comite de Ferroatlántica.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).