15 anos: “Gracias ao Centro Comercial Finisterrae o pequeno comercio mantense vivo”

O Centro Comercial Finisterrae cumpre 15 anos xuntios
15 anos non pasan de balde. E se non que llo pregunten aos poucos comercios que levan tanto tempo en activo. Un dos poucos establecementos que segue vivo, e que xa a día de hoxe, nesta aldea de consumo global na que vivimos, se pode chamar “pequeno comercio” ou “comercio local”, é o Centro Comercial Finisterrae. Xa dende o primeiro día foi o centro neurálxico das comarcas de Soneira, Fisterra, Carnota-Muros e parte da montaña, mantendo a vila da Xunqueira como auténtico punto de encontro. Agora cumple 15 anos, e quere celebralo invitándote a participar nunha Festa Infantil o vindeiro sábado 1 de decembro. Ademais haberá un Dj, pinchos e viños, sorpresas e moitos regalos. Pero para coñecer como foron estes 15 anos, queremos falar con Jaime Casais, xerente do Centro.
Jaime Casais no centro, facendo entrega duns premios no Centro Comercial Finisterrae
  • QPC: 15 anos son moitos…
15 anos, dise rápido. Moitos non apostaban por tanto. De feito, moitos non nos daban nin 5 anos, e aí estamos e aí seguiremos. Contoume meu irmán, que foi o creador, que había moito escepticismo, pensábase que ía perxudircar aos demais comercios, e ao revés, gracias a el, todo o comercio concentrouse arredor do CCF en lugar de desaparecer. O feito de ter cines nunha vila coma esta, que non o teñen en grandes vilas, é unha cousa que dá valor engadido.
  • QPC: Nestes días de consumismo a nivel global, como valora o estado de saúde do comercio local?
Si, internet está sendo unha faena para o pequeno comercio, pero ten que facernos mellorar os servizos, e poñernos ao día tamén nós con internet. Outra das cousas que hai que facer para adaptarse aos novos tempos é renovar a oferta, como se fan nos catálogos virtuais. O Centro, agora estamos nun 90% de ocupación, pero non podemos baixar de aí. O noso estado normal é o 95%. Se nos comparamos co Centro Comercial Aberto de Carballo, estamos de marabilla, pero eu prefiro compararme cos da Coruña, por exemplo cos Rosales, porque lle teño cariño, e ten un nivel de ocupación máis baixo que o noso. É dicir, que o estado de saúde do comercio ceense tampouco é para tirar cohetes, pero comparándonos non é tan malo.
  • QPC: Que tipo de comercios funcionan mellor na nosa zona?
Noto que pequenas empresas que teñen varias oficinas a nivel galego son as que mellor funcionan. O que sofre máis é o pequeno empresario que monta unha tenda, para autoempregarse as cadenas pequenas pero a nivel galego son as que funcionan mellor. Teñen máis variedade, mellores prezos, porque moitas delas teñen fábrica propia.
  • QPC: Que cousas lembras con máis ilusión?
Cada aniversario faime especial ilusión, porque serve para lembrarnos estamos pelexando cada día. Un que si que lembro especilamente foi o 10º estabamos, cando estabamos cunha moi boa ocupación, e mesmo puidemos sortear un coche. Esperamos poder mellorar aquelo para o 20 aniversario.