2 días sen auga en Ameixenda
A seca está afectando máis do normal na bisbarra. E non é que que o estado dos encoros da bisbarra sexa especialmente preocupante. De feito, o da Fervenza está cun 52% de ocupación, polo 62% do de Santa Uxía, o que se utiliza para abastecemento de toda a comarca, datos algo máis baixos que os dos anos pasados pero nada fóra do normal.
O caso é que en Ameixenda estiveron esta fin de semana dous días sen auga. O lugar da Igrexa quedou sen auga na tarde do sábado. Parece ser que quedou sen auga o depósito do lugar, se ben en Lamas aínda había.
Unha sorpresa para moitos dos que voltaban da praia tras un fermoso día e tiveron que ir ducharse a Lamas.
Por iso moitos tiveron que ir buscar auga á fonte do río, a pesar de que baixa estes días de verán con pouca auga.
Finalmente, foi na tarde do luns, arredor das 20:00h, cando volveu a funcionar o servizo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).