A casa da Cultura de Cee acolle a exposición "Cartas de Amor"

A mostra, na que participan varios artistas, pode verse ata o día 12 de xaneiro O primeiro andar da casa da Cultura de Cee acolle ata o 12 de xaneiro do 2017 a exposición "Cartas de Amor" que na que diversos artístitas plasman a súa visión sobre a violencia de xénero e a mocidade. Ésta é unha mostra solicitada pola concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego e o CIM de Cee e que está cedida pola secretaría xeral da Igualdade, no marco do acordo de colaboración asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia. Os principais obxectivos son a prevención, información, formación e asistencia directa ás vítimas de violencia de xénero.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • CIM-Cee