A Costa da Morte tamén celebra o Día da Nakba como compromiso con Palestina

Segue o COSAL Costa da Morte espallando a realidade de países en problemas pola bisbarra. Países sen estado como Palestina, que coma todos os 15 de maio celebra o día da Nakba, ou día da Catástrofe recordando unha terrible efeméride de 1948 coa masacre israelí.

Así, COSAL xunto con outros grupos do BDS-Galiza "Boicot a Israel", para conmemorar esta data, e celebrar a dignidade que este pobo ten na súa resistencia organiza este unha Festa por Palestina.

A cita será o mesmo mércores 15 a partir das 22:00h no Colonial Café de Cee, e contará coa colaboración de Professor Turnes&Rafa Mississippi, aledándonos a noite a ritmo de blues; con Viki Rivadulla e Xaime Trillo, para lembrar con poesía esta loita que dura xa máis de sesenta anos; e poderemos ver a magnífica película de Alberte Pagán, "Película urxente por Palestina", que homenaxea en 14 minutos a Palestina de hoxe, tras unha experiencia do propio colectivo costeiro en terra santa.

Ademais, como non, Mohamed Safa acompañará nesta Festa polo seu pobo. Un Safa que segue dando charlas por toda a península e aínda este sábado estivo compartindo a realidade palestina en Ponteareas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de COSAL.