APEM prepara unha nova Cea Solidaria polo Día Mundial da Saúde Mental
18 de setembro de 2018 (07:58 h.)
Despois do éxito do ano pasado, a activa e comprometida APEM prepara xa a IV Cea Solidaria polo Día da Saúde Mental. A cita será o vindeiro sábado 20 de outubro no Restaurante A Lagoa de Vimianzo.
O prezo da invitación é de 30€ e xa podes facer a túa reserva no 981 747 255 ou no correo cee@apemcoruna.es.