As ANPAS recollen sinaturas para que os autobuses escolares cumpran os requisitos

Imaxe do centro ceés CEIP Eugenio López

Buses sistema de retención axeitado que producen caídas e pequenas lesións. Buses vellos que suscitan dúbidas de seguridade. Casos coma este fan que as familias de Cee estean amosando un alto grao de preocupación e inquietude, pola seguridade no percorrido do transporte escolar. Ante estas queixas, a ANPA Uxía do CEIP Eugenio López de Cee comeza unha colleita de sinaturas na que pide á Empresa de Transporte Adxudicataria desta zona, “a que destine para o transporte escolar aqueles vehículos que cumpran a normativa establecida para o transporte de menores, de xeito que o mesmo sexa prestado nas máximas condicións de seguridade e eficacia para os seus usuarios”. Ao mesmo tempo esixe á Xunta “que se estudie unha ubicación axeitada para que a parada final se realice (pois o bus non pode entrar no recinto do colexio), ou no propio recinto do colexio ou na porta do mesmo, pero en condicións de seguridade e con espazo suficiente na beirarúa para o acceso dos alumnos, espazo que polo momento, non se ten”.

Pais e nais poden pasar a firmar no local da ANPA Uxío, no CEIP Eugenio López.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).