As obras na AC-550 obrigan a pechar un carril na entrada de Cee

A entrada de Cee dende o km1 ata o cruce de Roget sufrirá o corte dun carril

Este vindeiro mércores 26 de xullo comezan as obras de reforzo de firme da estrada AC-550. Unhas obras que provocarán a cortar un carril na estrada AC-550 entre os vindeiros días 26 e 31, ambos os dous incluídos. A interrupción do tráfico afecta ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0,00 e 1,00 da devandita estrada, na entrada da localidade de Cee dende o sur.

Trátase dunha actuación non prevista inicialmente non plan de pavimentación e que será xestionada con paso alternativo mediante semáforos de obra provisionais.

Fonte

  • Xunta.