As Xornadas Micolóxicas sementan unha tradición na Costa da Morte
02 de novembro de 2010 (21:12 h.)
Ponte de Tódolos Santos e os cogumelos toman a Costa da Morte. Como cada outono dende xa hai 10 anos a Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo artella as Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte. Unhas xornadas pouco fundamentadas na tradición, pero que pola contra, o que están a conseguir é sementar que a micoloxía se convirta nun verdadeiro costume na bisbarra.
I é que estas xornadas están artelladas por un grupo de especialistas que saben como chegar a súa afección á veciñanza. Estas Xornadas compaxinan todo: unha completa exposición, visitas guiadas pola mesma, conferencias e sesións de degustación.
Así, e tras 10 anos de éxito tras éxito, as xornadas xa son toda unha referencia a nivel galego. Ducias de amantes da micoloxía de toda a xeografía galega, que segue o traballo da asociación ceense, achéganse durante estes dous días á Costa da Morte para difrutar dunhas sesións informativas de primeiro nivel.
150 especies
Porque ademais da boa organización, materia prima temos na bisbarra. E abonda, como nos contan César Pérez e José Manuel Castro Marcote, organizadores das Xornadas. Un exemplo pode ser a protagonista deste ano, esa Clauthrus Archeri que xa nos explicou José Manuel Castro Marcote na súa sección en QPC "Nocións MIcolóxicas". O pasado sábado saían facendo cuadrillas polos montes da zona para recoller cogumelos que lucen domingo e luns na exposición da Escola de Música de Cee. As condicións non eran as mellores pois o campo estaba moi húmido e moitas das especies estaban esfoladas. Agás unha parella que marchou á zona do Ulla, o resto de especialistas da asociación fixo expedicións polos montes de Cee, Vimianzo, Baio, Fisterra, Mazaricos... Estes días a Exposición conta con unhas 150 especies de cogumelos de todos os tipos. I e que como nos conta o propio Marcote, nos montes da Costa da Morte pode haber máis de 2.000 especies, das que 800 están catalogadas. As súas cábalas sinalan que en toda Galicia hai máis de 20.000 especies de cogumelos, mentres que en toda a península pode haber 45.000.Unha afección que entra polo estómago
E como todo, a afección polo cogumelo entra polo gusto. Os sabores que nos ofrecen os cogumelos son do máis variado. De todas as especies tan só un centenar se consideran comestibles de primeiro orde, é dicir, teñen un abor aceptable. As Macrolepiotas (nesta foto de embaixo) son unhas das máis coñecidas. Pero ollo, porque hai de todo, dende Fungos insecticidas ata as máis comúns que poden provocar serias Intoxicacións. Se queren saber máis, esta tarde de luns aínda están abertas as X Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte.Pinchos e Cea de Pan de Raposo
Coma sempre, as xornadas rematan cos pichos. Ao longo do día o Restaurante O Recreo e o Hotel Larry ofrecen pinchos cos cogumelos como protagonistas. Ademais, Pan de Raposo organiza a tradicional cea de confraternización para o sábado día 13 de novembro de 2010, que terá lugar no Aparthotel de Corcubión, e no que o menú está claro de que estará feito. O precio da cea é de 40 € para os socios e 50€ para os non socios. E o teléfono de contacto para reservar é 981 747 044.Novas relacionadas
- X Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte.
- Taller de cociña de cogumelos en plena semana micolóxica.
- "Guía de cogomelos dunares do litoral atlántico galego", o novo libro de José Manuel Castro Marcote.
- A Costa da Morte volve ir na Procura do Cogumelo.
Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote
- Clauthrus Archeri, un cogomelo curioso.
- Macrolepiotas.
- Fungos insecticidas.
- Fungos e cogumelos.
- Intoxicación con cogomelos.
Máis novas
- Pan de Raposo cóntanos a historia do cangrexo vermello na Costa da Morte.
- Xa está a venda a terceira edición de "Cogomelos de Galicia".
- IX Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte: Marcote: "Este ano foi a mellor exposición das nove que levamos feitas".
- VIII Micolóxicas da Costa da Morte: Máis de 200 especies de cogumelos tomaron a Escola de Música de Cee.
- Boletín Pan de Raposo: O lobo come boletus.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal)