Cáritas Cee vólcase co Nacemento e a tradicional recollida de alimentos de Nadal

Belén de Cáritas na Igrexa de Cee

Non paran as accións solidarias en Cee nestes tempos de Nadal. Xa non queda nada para a Cea Solidaria de Egueire, mentres a nivel máis local Cáritas Parroquial Cee prepara o seu tradicional nadal benéfico.

Xa está en marcha a tradicional recollida de alimentos dentro da campaña do nadal. A recollida tera lugar os vindeiro dias 16, 17 e 18 de decembro nos supermercados Carrefour e Froiz de Cee.
Recolleranse todo tipo de alimentos non perecedeiros, especialmente produtos típicos do nadal. Os productos serán utilizados para a xente mais necesitada da Parroquia. Parte utilizarase na realización e entrega dos paquetes do nadal e a outra quedara para o comedor social de San Roque.

Ademais, dende o pasado domingo, pódese vistar o Nacemento Parroquial na Igrexa. Está feito polos voluntarios de Cáritas e deseñado a man: casas, cobas, castillo e pesebre. É conta aproximadamente con máis de 30 figuras movibles, incluso ten efectos de iluminación que simulan tormentas ou o paso do día a noite.
O horario de visita é pola mañá de 11:00 a 12:00h, excepto mércores; e polas tardes de 18:00 a 18:30h os xoves, venres e sábados.

 

Novas relacionadas