Cee enche o auditorio da tradición local
Nada mellor que un festival de xente da casa para encher os grandes auditorios das casas de cutura. Así acontece esta semana en Cee, onde no marco da programación de verán, o auditorio Baldomero Cores queda pequeno para as actuacións dos grupos tradicionais locais.
O luns foi o tempo do Grupo de Gaitas Fumes do Cal de Ameixenda e do grupo de baile Breogán de Brens.
Onte martes tocoulle ao Grupo de Pandereteiras Ruidheira de Gures, ás pandereteiras da A.VV Toba e ao grupo da ARCE Pedras Miúdas de Lires.
Ademais, tamén polas rúas de Cee escoitouse a Banda de Música de Cee, dirixida por Fernando Fraga, no Memorial Manuel Rebollar:
https://www.facebook.com/rafael.quintanscanosa/videos/10214194676604571/ https://www.facebook.com/rafael.quintanscanosa/videos/10214195896995080/A cousa aínda ten para rato, e este mércores 9 a partir das 21:00h, serán a Coral do Centro Social, o grupo de baile Terra de Senra e o Grupo Peta Forte os que amenicen a noite.
Para xoves, a programación trasládase á Praza da Constitución onde haberá exhibición de taekwondo.
O venres toca sesión de sala co Teatro Tuéjele do IES Fernando Blanco e o sábado baile de salón na Praza da Constitución.
Aquí vos deixamos cunha completa Galería de fotos de Rafa Quintáns:
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Fotos de Rafa Quintáns.