Cee viviu unha das máis intensas Semanas Santas que se recordan

Domingo de Ramos en Cee Xa fumos de procesión pola Costa da Morte, en imaxes. Pero quedounos pendente coñecer de preto como foi esa renovada Semana Santa das Parroquias ceesas do Pai Desiré. Ameixenda, Brens, Buxantes, Cee e Toba, viviron intensamente as celebracións da Semana Santa, na que se deu un alto porcentaxe tanto de asistencia como de participación por parte das xentes. Sobre todo xente nova, que non adoitaba asistir a estes actos itúrxicos, pero que este ano quedou con ganas de repetir. A maior novidade foi a implicación das Parroquias de Ameixenda, Buxantes, Brens (estas 3 Parroquias anteriormente xa con Padre Desiré organizaban estas celebracións conxuntamente) e Toba. Destacar que todalas celebracións presentaron diferentes tipos de decoración co fín de resaltar o que se celebraba cada día. E unha das grandes novidades foi o xogo de luces do Sabado de Gloria, pois eso nunca se vira en Cee e gustou moito. A churrascada xa se organizou o ano pasado pero este ano añadiuse a música que implicou que se prolongou a festa.
Sábado de Gloria na Semana Santa en Cee-Foto-Rafa Quintáns As citas comezaban o pasado Domingo de Ramos comezou coa bendicións dos ramos na Praza das Palmeiras ceesa o ritmo de Peta Forte como estaba organizado, finalizada a misa o grupo de gaiteiros tocou unhas pezas diante da igrexa parroquial na que algún asistente se animou ata de botar un baile. Xa o Xoves Santo comezaban os días mais intensos, a Igrexa da Xunqueira ese día presentaba unha amplia decoración floral na que destacou o colorido “Monumento”. Na celebración como marca a liturxia realizouse o lavatorio de pés, no que participaron persoas das diferentes parroquias. O único que non se pudo realizar este día foi a procesión por culpa da choiva pero a sua vez realizouse unha procesión dentro da Igrexa coa imaxe do Santo Cristo portada como nos anos anteriores polos rapaces de Aspadex ao son da marcha que marcaba na entrada da Igrexa a Banda de Cee. O Venres Santo día de sobriedade na Igrexa, resaltouse este aspecto coa retirada das flores e a decoración colorida da vespera para realizar a celebración a tarde, neste día tamén participaron os rapaces de Aspadex tanto na celebración como no acto do desenclavo e a procesión. Xa pola noite o turno era para os rapaces que se están preparando nas parroquias para a Confirmación, os cales interpretaron a obra teatral “Quen matou a Xesús?”, unha recreación dun xuicio contra Poncio Pilato, Caifas… e no que por sorpresa para os asistentes participou o mesmo párroco interpretando un dos papeis. O Sábado de Gloria cambiou na sua totalidade o escenario dos días anteriores, a celebración ese día pola noite da Vixilia Pascual e a maior do cristianismo e así se presentou na decoración da Igrexa coma no xogo de luces que se realizou e que presentaban os distintos momentos da celebración: Cirio Pascual, Pia Bautismal… Amenizada toda a celebración cos cantos de ledicia e agarimo que marca o día a festa continuou ata pasada a unha da mañá coa churrascada que se tiña preparado para os asistentes. Como peche final, o Domingo de Pascua ou de Resurrección, as misas celebráronse nunhas igrexas con diferentes decoracións que foron agarimosamente preparadas polos feligreses. [fbvideo link="https://www.facebook.com/100006262150315/videos/2051204118431640/?t=2" width="600" height="400" onlyvideo="1"]  

Novas relacionadas

Fonte

  • Iván Pérez.