Francisco Caamaño ficha por un bufete de avogados

Captura da entrevista de QPC a Francisco Caamaño Recuperamos hoxe unha longa conversa que tivemos alá polo ano 2012 co que acaba de ser Ministro de Xustiza: Francisco Caamaño. Tras a súa traxectoria onte coñecíamos que vén de fichar polo bufete CCS Abogados para "liderar a súa área de dereiro público", concretamente no referente ao cumprimento normativo de medianas e grandes empresas. Segundo a información publicada polo despacho de avogados nunha nota de prensa, o novo socio mostrou a súa satisfacción por incorporarse a unha firma "con estilo propio" e cun proxecto "innovador". Coa fichaxe do ceense, o bufete pasará a ter 38 avogados e oficinas en Madrid, A Coruña e Vigo. Caamaño, catedrático da universidade de Valencia, está especializado en dereito público e dereito penal económico. Iniciou a súa carreira profesional na universidade de Santiago de Compostela ata que o nomearon letrado do Tribunal Constitucional.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Europa Press