Loly González estréase no mundo da novela co seu “Amor viajero”

Loly Gonzalez asinando os seus libros Amor viajero en Cee-Foto-Rafa Quintans

O pasado mércores 22 de novembro tivo lugar na Sala de Conferencias da Casa de Cultura de Cee, a presentación de "Amor viajero”, a primeira novela da ceense Loly González. A autora manifestou a súa ledicia por ver cumplido un soño, ó tempo que aproveitou para dar as grazas á súa familia e a todas as persoas que creron nela e que a apoairon nestes últimos cinco anos nos que estivo loitando por sacar adiante este proxecto.

Avanzou tamén que está moi próxima a rematar a segunda parte de "Amor viajero" e que tamén está traballando nun libro de "fantasía" para público infantil-xuvenil.

Con Loly González estiveron José Ramon Rey Senra, David Creus e o técnico de cultura, Víctor Castiñeira-Foto-Rafa Quintáns

Acompañárona na presentación, o técnico da biblioteca ceense José Ramon Rey Senra, o poeta e mestre David Creus e o técnico de cultura, Víctor Castiñeira.

Sen entrar a descubrir os pormenores do libro, os acompañentes incidiron en felicitar á autora por dar o díficil paso de publicar este primeiro libro, de lectura fácil e amena, escrito desde o sentimento e no que se conxugan as aventuras, o misterio e o amor.

Fotos de Rafa Quintáns

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).