Mar, saúde, deporte, natureza e respecto na Semana Cultural do IES Agra Raíces

Semana Cultural do IES Agra Raices

Completa a semana Cultural do IES Agra Raíces. Tres días nos todos os alumnos do centro, agás os de 2º Bacharelato pois están ás portas das PAAU, tiveron durante as 6 sesións lectivas diversas actividades cultuais.

Foron varias as temáticas que se afrontaron nestes días. Por exemplo, estiveron os armadores de Asoar e as redeiras de Corme, compartindo ese mundo do mar tan cercando e ás veces, tan lonxano.

Houbo tempo para a saúde, e participaron a matrona do Centro de Saúde, e a doutora Ana González do Centro Oncolóxico Galego.

Non faltaron os deportes e os compañeiros do Club de Xadrez Cabo Touriñán compartiron o seu saber, mentres os de de DaFit entrenamento, e da escola de Arte e Movemento, fixeron mover os esqueletos dos alumnos.

Intensas e emotivas, desas que seguro que marcan aos alumnos, foron as viistas das xentes de Apem e Aspadex, dúas familias que están tan preto e que axuda a aprender a convivir.

Aesleme apareceu para falar da prevención de accidentes, e Nieves Vidal do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas, falou do agro. En clave de natureza tamén estivo Chisco, ex alcalde de Corcubión e un dos mellores especialistas do lobo ibérico, que deixou abraiados aos rapaces.

As compañeiras da Escola Galega de Consumo para falar de publicidade; David Martínez, entusiasta ornitólogo, a escritora Érika Esmorís, o director de cine Simón Casal para comentar a película Lobos Sucios que se visualizou nos cines A Xunqueira.

Tamén tiveron visitas interesantes, como a da Estación de Servizo Bazarra, para comprobar a boa eficiencia enerxética coa que traballan. Tiveron o seu momento de gloria na Radio Nordés, coñeceron os Tesouros da Fundación Fernando Blanco e e disfrutaron dunha cocedura no Forno do Forte de Buño.

Sumado a todo isto desenvolvéronse distintos obradoiros impartidos por profesores do centro, xogos matemáticos, taller de madeira, primeiros auxilios, obradoiros de informáticas para os máis pequenos, concerto de música, taller de bicis e a magnífica representación sobre o IV Centenario Cervantes-Shakespeare.

Unha semana máis que completa, que permite que o centro agradeza a colaboración de todas as entidades.

 

O CEIP Eugenio López, de viaxe

O CEIP Eugenio Lopez de viaxe por Madrid

Inesquecibles días os que pasaron 49 alumnos e 3 profesores esta semana por Madrid, Toledo e Segovia. Cinco días, con visitas aos Museos de Ciencias naturais, ao Prado, Estadio Bernabéu, un percorrido casco histórico de Toledo, o Zoo, o Parque Warner, o Acueducto de Segovia... Cousas que hai que ver e que estes rapazas xa as poden contar.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).