María Lema, a escultora do ferro

María Lema con Carlos Oliete e Pepe Formoso no Bela Muxía

Caminando por las estrellas” é a primeira exposición de esculturas que arma a dumbriesa María Lema Santabaya. Estreouna o pasado mes de xuño, e o pasado sábado no albergue Bela Muxía, tiña unha visita especial. Foi Carlos Oliete o que visitou a expo, xa que puido estudar en Madrid gracias a unha beca de Ferroatlántica. Ademais, María fai as súas obras en ferro porque a súa familia traballou na fábrica ceense.

A colección que loce xa o albergue muxián son una serie se pezas de ferro en diferentes tamaños sobre a simboloxía do Camiño de Santiago. “Quería crear algo distinto, colorido e con mensaxes motivadoras en diferentes linguas, unha peza que pode ser un souvenir (imáns, chaveiros e pezas pequenas, pezas decorativas, coma peregrinos, flechas, conchas…); ou pezas cunha aplicación útil e práctica coma os lapiceiros ou portavelas sobre os símbolos”, sinala a autora.

”É a primeira colección e primeira obra que creo e expoño, escollendo a Fin do Camiño por tratarse sobre esta temática”. “Quería retarme a min mesma, quería plasmar o que tiña na cabeza nalgo tanxible e útil, quería crealo nun soporte, quería facer realidade as miñas ideas. De aí xurde este proxecto, no que estiven a traballar arredor de 2 anos, sempre no meu tempo libre e de xeito autodidacta”, relata a artista.

“A experiencia é increíble, xa que me levou a aprender de cada paso e proceso cousas que non sabía, e a coñecer experiencias e vivencias do que ocorre cada día no Camiño. Cada peza leva unha mensaxe ou debuxo único. Ademais, a idea de facelo en ferro foi porque quería rendir unha homenaxe a empresa que financiou unha parte dos meus estudos, e na que traballaba meu pai e meu avó. Por iso tamén quixen entregarlle dúas pezas á fábrica”.
E nolos explica: “A flecha amarela é outro dos máis importantes símbolos do camiño, simboliza a idea de seguir siempre adiante, de non pararse e de chegar ata o final. Neste caso a flecha é unha flecha matemática; os números reflexan todos eses momentos da vida, os éxitos e as derrotas, os mellores momentos e os que queremos olvidar, e a suma da como resultado a VIDA. O título: "el resultado?=la vida”.
Ademais, entregueilles tamén un portavelas de 2 unidades en aceiro lacado en cor azul da concha venera, símbolo do Camiño de Santiago. Simboliza a luz, a luz do universo, a luz da vida, a luz do camiño e a luz de cada un de nós. O título desta peza é” Enciende tu luz" e está inspirada na bombilla interior que temos cada un de nós, que pode alumbrar máis ou menos, e do importante que é prender esa luz”.

A exposición pódese ver no Albergue Bela Muxía ata finais de outubro.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).