O BNG de Cee intercede para solventar os problemas da piscina

Continúan os problemas en materia laboral na piscina de Cee. Ca CIG xa interpoñendo accións legais contra a concesionaria, é agora o BNG ceense o que vén de rexistrar unha moción para intentar dar solución aos problemas.

Unha moción que foi rexeitada no último pleno cos votos de IxCee e PSOE, ao entender o alcalde que a oposición non fai máis que “minar a instalación e crear unha mala imaxe da mesma”.

O BNG ten os mesmos argumentos que a CIGG, recordando "en nove apartados todos e cada un dos incumprimentos da concesionaria (materia laboral e sanitaria, incumprimentos no prego de condicións, etc... )". Por iso piden unha comisión de seguemento para estudar o estado das denuncias e inspección sanitarias, e tamén piden a apertura dun expedente para clarificar as graves acusacións vertidas nos medios de comunicación por unha suposta sabotaxe as instalacións municipais, e de non demostrarse ou non seren certas, instar a empresa a rectificar públicamente, sen menos cabo das sancións que no expedente se determinen.

Posibles solucións

O BNG aporta tamén catros opcións para dar solución ao conflicto:

  • A primeira o SECUESTRO da concesión, o que permitiría restablecer as condicións que figuran no prego e a continuación devolver a empresa a xestión.
  • Segunda, A RESOLUCIÓN CONTRACTUAL co que se podería sacar de novo a concurso a xestión, e mediante proceso público outorgarllo a outra empresa que estea disposta a cumprir o prego.
  • Terceira, o RESCATE, quedarse coa xestión directa e subrogar os traballadores e traballadoras o que non implica a suba automática de salarios.
  • Cuarta, seguir como até o de agora e permitir a empresa campe as suas anchas e facer o que lle veña en gana, lucrarse cunha instalación municipal a costa de incumprir o prego, de precarizar o emprego e as condicións laborais dos traballadores/as.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.