O Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte reafírmase como referente nacional e como ideal reclamo turístico

Subindo o Muro do Mirador do Ezaro no Gran Fondo 2016-Foto-Xose Sendon Nada menos que 1200 participantes afianzaron o Gran Fondo Ézaro – Costa da Morte como unha das probas cicloturistas máis importantes do circuito estatal. Faltou, outra vez, Gianni Bugno, por un compromiso profesional de última hora, pero foi o de menos. Esta proba deportiva, chamada a ser un referente internacional e un reclamo turístico perfectamente compatible coa chegada de La Vuelta, foi un rotundo éxito nesta a súa segunda edición con este nome, despois de comezar chamándose Desafío do Atlántico. I é que gracias ao Gran Fondo e á Volta a España, cada vez é menos a xente á que hai que explicarlle onde están o Mirador do Ézaro e a Costa da Morte. E precisamente ese é o obxectivo principal deste evento deportivo.
Saida do Gran Fondo Ézaro 2016 con 1200 participantes Si estaban grandes do pelotón español como Joséba Beloki, Ángel Casero, Óscar Pereiro ou o mesmo triatleta Iván Raña, un dos grandes deportistas galegos e toda a historia, ademais dos outros 1195 ciclistas afeccionados. A saída deu conta da potencia desta proba, cun abano multicolor de participantes ateigados na estrada de subida ao Mirador. Os primeiros trinta quilómetros do percorrido realizáronse a velocidade controlada ata o avituallamiento de Muxía. A partir dese punto, ritmo libre ata meta. O Alto de Paxareiras, estreando a dura subida dende Muros por Abelleira, daba conta do gran final que se espera para esta proba e para La Vuelta o vindeiro 22 de agosto. O primeiro en cruzar a liña de meta foi o santiagués Francisco Javier Iglesias, por diante de Gustavo César Veloso, a 2’58’’; e Daniel Parada, a 3’35’’. No tramo de escalada de 2 quilómetros ao Mirador do Ézaro, co Formigón de por medio, os mesmos protagonistas aínda que en distinta orde: primeiro Gustavo César Veloso con 9’15’’; segundo Iglesias, a 51 segundos; e terceiro Parada, a 1 minuto.
Podio do Gran Fondo Ezaro 2016-Foto-Xose Sendon
Podio do Gran Fondo Ezaro 2016-Foto-Xose Sendon
Houbo premios tamén para a xente da casa, como o que levou o Club Ciclista Dumbría como club máis numeroso. Dende Oporto chegaba o Secai, que levaba o premio ao club máis lonxano, e o canario Marco Antonio Roibas foi recoñecido como o que chegou de máis lonxe. O máis veterano, foi Jose Antonio Teijeiro, de 71 anos, e os máis novos Brais Rodríguez e Helena Fernández. Boa acollida tivo a retransmisión en directo, por streaming e a través dunha pantalla xigante no Ézaro, dos últimos 40km da proba. [fbvideo link="https://www.facebook.com/rafael.quintanscanosa/videos/10210119297882650/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] [fbvideo link="https://www.facebook.com/granfondoezaro/videos/1321870017841389/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]   Responsables deste éxito son tamén os patrocinadores: Concellos de Dumbría, Muxía, Cee, Muros e Mazaricos, e entidades entidades privadas: Rede Eléctrica Española, Ferroatlántica, Auga de Mondariz, Galicia Calidade, Gadis, Abanca, Super Bock, Grupo Insua, Anova, Aboiar e Senra Sport, entre outros; así como a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.
Subindo as rampas do Mirador do Ézaro no Gran Fondo 2016-Foto-Xose Sendón
Problemas físicos na subida ao Mirador do Ézaro no Gran Fondo 2016-Foto-Xose Sendón

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).