Os Bombeiros rescatan a unha señora encerrada na Pereiriña
22 de decembro de 2016 (07:06 h.)
Tiveron que acodir os Bombeiros de Cee ao rescate dunha señora de avanzada idade da Pereiriña que quedara pechada na súa casa. A coidadora do domicilio solicitou axuda ao non poder acceder ao interior dunha vivenda. A casa, de bloques de planta baixa, tiña as fiestras pechadas, con reixas, e a porta tamén pechada. Por unha das fiestras traseiras os Bombeiros puideron ver que a señora estaba tirada no chan e consciente.
De seguido, en presenza da Policía Local de Cee, procederon a romper un cristal da porta e forzar as contras da mesma para acceder ao interior.
Chegou a ambulancia que trasladou á señora ao hospital Virxe da Xunqueira.
Fonte
- Bombeiros de Cee.