Piden a posta en funcionamento da piscina a través da xestión directa municipal

Piscina Municipal de Cee

Trala expulsión definitiva de Aquacenit polo Consello Consultivo, o procemento fixado polo Concello obrigaría a esperar uns cantos meses polo novo proceso de licitación. Un proceso que deixará aos traballadores indefensos, que impedirá o acceso a un millar de veciños, e que provocará o maior o maior deterioro das instalacións.

De non ser que o Concello tome en consideración unha moción que vai presentar o BNG no pleno deste venres ás 20:00h. A idea é poñer en funcionamento inmediato a piscina mediante xestión directa polo Concello. E non sería nada estrano, pois xa hai concellos na volta como Carballo, Noia ou Outes que rescataron a xestión.

Unha piscina aberta dende 2006, con case 1000 usuarios de toda a zona, que leva pechada varios meses pola mala xestión dunha empresa privada pero tamén pola mala coordinación do Concello, porque cómpre lembrar que é de titularidade municipal e que se trata dunha concesión.

O BNG recorda que os problemas laborais da empresa concesionaria cos seus traballadores se remontan a 2013, pero que os grupos de goberno que pasaron pola alcaldía non fixeron nada para remedialo.

Xestión directa

Apunta o BNG que hai que ter en conta que “para a posta en marcha da piscina vai ser preciso una inversión económica.Son xa demasiados meses de peche, no que a instalación e os seus elementos se foron, e están, deteriorando. Canto mais tempo pase, mais alta será esa cantidade de diñeiro”.

Sinala que “a opción de xestión pública deixaría os beneficios nas arcas do concello”, e considera que “temos o capital humano suficente para resetear a situación, e comezar xa”.

A Neria

O BNG presentará tamén unha moción para abandonar a Asociación Neria.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).